Sobre o descenso internacional do Sil
O Descenso Internacional do Sil, é un evento deportivo da modalidade de piragüismo organizado polo Concello de O Barco de Valdeorras que conta cunha longa traxectoria co sitúa nun dos máis tradicionais de Galicia.
Transcorre polas augas do río Sil, con saída ás 18:00h en Sobradelo e con meta no Malecón do Concello do Barco de Valdeorras, supoñendo unha distancia de 7,5 km nos que se combinan zonas de rápidos intensos con pequenos tramos de augas tranquilas. Celébrase sempre o sábado das Festas do Cristo, festas máis importantes do concello.
É un descenso competitivo no que participan deportistas federados/as a través das Federacións Galega e Española de Piragüismo nas categorías cadete, xuvenil, senior e master, todas elas femininas e masculinas nas modalidades individuais (K1 e C1), e embarcacións de equipo (K2) onde conta tamén con embarcacións mixtas.
DESCENSO POPULAR
Xunto co descenso competitivo organizase o Descenso Popular dentro da denominada Festa das Piraguas, no que participan embarcacións de recreo, kaiaks, lanchas... que aportan colorido e festa ás augas do Sil.
Este descenso toma a saída ás 16.30 h. e realiza o mesmo percorrido, pero ten a súa meta no rápido máis significativo do río, o denominado Cachón das Casas Baratas, onde unha grada natural preparada expresamente para este evento acolle a meirande parte do público que asiste a este evento.
Nesta zona habilítase un apeadeiro con animación para que os/as participantes deste descenso popular poidan ver aos/ás deportistas.
Himno
"Soneto de la ausencia"
Volverá con septiembre la llamada
esa cita anual que por mi vena
marca el norte a mi sangre y la encadena
porque mi sangre es sangre enamorada
Volverá con septiembre. Y volveremos
los del valle del Sil a su ribera
donde el amor primero nos espera.
Y ese amor eres tú, en ti nacemos,
tu savia en nuestra sangre está presente
ofreciéndole Patria al sentimiento
Y si llega septiembre, llega el día
de tu Festa Mayor y sigo ausente,
contigo se hallará mi pensamiento.
Barco de Valdeorras: tierra mía.
Memorial Julián Trincado
Julián Trincado Settier
Valencia, 25/06/1921 – Madrid, 21/08/2000.
Doutor enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, conselleiro delegado de Fuerzas Eléctricas del Noroeste (Fenosa), presidente de Unión Fenosa, presidente de Unidad Eléctrica (Unesa), e presidente de Autopistas del Atlántico (Audasa).
Descenso 50 Aniversario
Video sobre a historia da proba feito co motivo do 50 aniversario da mesma. Coñece un pouco máis sobre o Descenso Internacional do Sil. Tamén podes velo dende aquí.
Descenso Internacional
Próximamente dende aquí podes consultar toda a Guía do Participante do Descenso Internacional do Sil: percorrido, regulamento particular, inscricións, seguridade, etc.
regulamento guía participantesPrograma
Dende aquí podes consultar información sobre o programa de festas, eventos ou actividades que teñen lugar paralelamente nos días do descenso no Concello de O Barco de Valdeorras.
Tren Fluvial Gratuito
Poñemos ao dispor do público o denominado Tren Fluvial que, de modo gratuíto, recolle a todas as persoas interesadas na Estación de Ferrocarril do Barco e trasládaas a Sobradelo (saída). Unha vez comeza a regata, fai paradas polo percorrido e retórnaas ao Barco.
Festa das Piraguas
A Festa das Piraguas está dentro das actividades do Descenso Popular. Consulta toda a información sobre o Descenso Popular e as actividades que van a ter lugar dende o PDF asociado. Percorrido, programa de horarios, normas , incricións, premios, acampada, etc.
Próximamente máis información
Festas do Cristo
As Festas do Cristo, no mes de setembro no Barco, son as máis populares da bisbarra e nelas ten lugar o Descenso do Sil en piragüas, unha proba deportiva que cumpriu máis de cincuenta anos.
Próximamente Programa das Festas do Cristo 2027Organizadores
Concello de O Barco de Valdeorras
Deporte e Xuventude
Praza do Concello, 2 - 2º
32300 O Barco de Valdeorras
+34 988 320 202 Ext. 1008
deportes@concellodobarco.org
piraguas@descensointernacionaldosil.com
https://www.concellodobarco.gal/
Federación Galega de Piragüismo
Encoro de Pontillón do Castro
Rúa Gavián, s/n
36151 Verducido - Pontevedra
+34 986 84 21 06